miércoles, 9 de febrero de 2011

A carta




Hola meu amor:




Hoxe andiven a matinar, mira ti, no día que te coñecín. Aínda íamos á escola, eu en pantalón curto e ti con aquelas pecas enriba do nariz que semellaban bolboretas. Canto tempo pasou, meu ben. Canto tempo perdín sen decatarme do afortunado que son. Lembro aqueles días nos que o vento non zoaba por medo a espertarte, cando esa cariña de anxo me regalaba un sorriso cada mañá, a pesar de que te ignoraba. Pecho os ollos e sinto de novo os teus aloumiños, os bicos que me deches, pero tamén todos aqueles que non che quixen porque non atopaba tempo para que o reloxo parara. Sen embargo, segues aquí ó meu carón, fitándome como o primeiro día que fomos a pasear, adornando as verbas que voan ca dozura dos teus beizos. Quérote. Ti es o meu querer e nunca aprendín a decircho, calaba, e agochaba os pensamentos nun recuncho porque supoñía que xa o sabías, que non o necesitabas.

Levo tanto tempo olvidando os teus ollos, a túa pel, que esta mañá redibuxei de novo a nosa vida. Nese intre botei de menos aquelas menudanzas que me facían sentir coma un rei. Gustaríame tanto perderme de novo no teu peito, adormecer nos teus brazos, atoparme neses ollos feiticeiros que me namoraron.

Ay, miña nena! Dóeme tanto a alma, e o peito revéntame co latexar de este corazón que creín xa estaba morto. O pulso golpea no sen, campaíña avisadora de que estas letras pulen por fuxir xunto túa. Perdóame. Déixame ficar á túa beira, miña rula. Deixa que che xunte as estrelas, que che traía a lúa cada noite a túa fiestra. Déixame que te queira, coma ti sempre me quixeches.



Despídome xa queridiña.

Mil bicos e apertas seica non serán suficientes.

Heite de esperar aquí, rebulindo nesta soidade que soamente ti podes facer fuxir.



Sempre teu,


                    Xaquín.


6 comentarios:

  1. Preciosa carta!!!
    Me hace recordar una de nuestras frases más utilizadas x las mujeres...

    Nunca sabemos lo q tenemos hasta q lo perdemos!!!!

    Aprendamos a decir lo q sentimos día a día y no sólo cuando vemos las orejas al lobo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Maldigo más que nunca mi ignorancia!, pues por lo poco que he podido entender, se trata de epístola preciosa. Me vas a tener que dar clases de galego, Fino, ¡no quiere perderme estas cositas!, jajajaja...

    Un besito.

    ResponderEliminar
  3. Fini,
    esta carta demostra que hai cousas marabillosas que ditas en galego son máis marabillosas ainda.
    Comona canción: Marabíllome da terra!!
    Un bico enorme, e bravo por Xaquín. :)

    ResponderEliminar
  4. Hola a todos!!!
    Primeiro voulle dala razón a Hazel. É unha pena ter que verlle as orellas ó lobo para darse de conta do que tes na túa vida.
    Sietemesino, non sufras, en un par de clases póñote ó día, é ben sinxelo, ó final veñen todas do latín e é máis fácil do que parece.
    Samu parece que me quitaches as palabras da boca. Esto mesmo decíallo ó Sietemesino noutro post onde se me queixaba de non entender o galego, e eu dicíalle que se llo traducía parte do sentimento perdíase. Supoño que só os galegos entendemos isto. Hai cousas que só se poden dicer nesta lingua marabillosa que temos.

    Apertas e bicos para todos.
    Graciñas por vir ler:)))))

    ResponderEliminar
  5. TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO

    Teño o corazón senlleiro
    e orfo na noite fría.

    Non importa, agardaréi
    polo albor do novo día.

    Teño lobos, teño sombras,
    teño a sorte fuxidía.

    Non importa, agardaréi
    polo albor do novo día.

    Está mudo o reixiñol
    que outrora cantar solía.

    Non importa, agardaréi
    polo albor do novo día.

    Que está comigo a esperanza,
    fiando, fía que fía…

    Ela fía i eu confío
    no albor do novo día.

    CELSO EMILIO FERREIRO

    ResponderEliminar
  6. Angus, non sei como o fixeches, pero deche de pleno...encántame Celso Emilio Ferreiro, é un dos meus poetas favoritos.

    unha aperta:)))

    ResponderEliminar