Mostrando entradas con la etiqueta carta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2011

A carta




Hola meu amor:




Hoxe andiven a matinar, mira ti, no día que te coñecín. Aínda íamos á escola, eu en pantalón curto e ti con aquelas pecas enriba do nariz que semellaban bolboretas. Canto tempo pasou, meu ben. Canto tempo perdín sen decatarme do afortunado que son. Lembro aqueles días nos que o vento non zoaba por medo a espertarte, cando esa cariña de anxo me regalaba un sorriso cada mañá, a pesar de que te ignoraba. Pecho os ollos e sinto de novo os teus aloumiños, os bicos que me deches, pero tamén todos aqueles que non che quixen porque non atopaba tempo para que o reloxo parara. Sen embargo, segues aquí ó meu carón, fitándome como o primeiro día que fomos a pasear, adornando as verbas que voan ca dozura dos teus beizos. Quérote. Ti es o meu querer e nunca aprendín a decircho, calaba, e agochaba os pensamentos nun recuncho porque supoñía que xa o sabías, que non o necesitabas.

Levo tanto tempo olvidando os teus ollos, a túa pel, que esta mañá redibuxei de novo a nosa vida. Nese intre botei de menos aquelas menudanzas que me facían sentir coma un rei. Gustaríame tanto perderme de novo no teu peito, adormecer nos teus brazos, atoparme neses ollos feiticeiros que me namoraron.

Ay, miña nena! Dóeme tanto a alma, e o peito revéntame co latexar de este corazón que creín xa estaba morto. O pulso golpea no sen, campaíña avisadora de que estas letras pulen por fuxir xunto túa. Perdóame. Déixame ficar á túa beira, miña rula. Deixa que che xunte as estrelas, que che traía a lúa cada noite a túa fiestra. Déixame que te queira, coma ti sempre me quixeches.



Despídome xa queridiña.

Mil bicos e apertas seica non serán suficientes.

Heite de esperar aquí, rebulindo nesta soidade que soamente ti podes facer fuxir.



Sempre teu,


                    Xaquín.